Gala Nadal 2023

Estimadas familias,

O día 17 de Decembro celebraremos a nosa tradicional Gala de Nadal para despedir o ano 2023, dar a benvida ao 2024 e desexarvos unhas FELICES FESTAS.

O horario da Gala será o seguinte:

– 1º turno: De 10:30 a 11:30

– 2º turno: De 12:30 a 13:30

Lugar de celebración: Polideportivo Municipal Barrio de las Flores – A Coruña: localización: https://maps.app.goo.gl/yYeyx54NWGuk8hqH9

Preme aquí para descargar a orde de actuación:

Desexamos que poidades participar nesta Gala e que disfrutedes moito dela.

Aproveitamos para informar ademais de varias cuestións:

– Rifas: data límite de entrega: martes 19 de decembro. Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración. O diñeiro recaudado destinarase á compra de material técnico (banda H, quitamedos, barra adicional).

As clases finalizarán o día xoves 21 de Decembro e comezarán novamente o luns 8 de Xaneiro de 2024 para as categorías escolares.

Moitas grazas, recibide un cordial saúdo e os nosos mellores desexos para estas festas que comezan.

A Directiva

Ximnasia Coruña